A CANTEIRA

Pontevedra ten un Puntazo é un programa vivo, sempre na procura de novos elementos de innovación e creatividade que se desenvolven na nosa cidade. Por iso, é inevitable que dende o Concello de Pontevedra non lle quitemos ollo ao que acontence no noso campus universitario, convertido nun verdadero fervedoiro creativo.

Neste 2018 o Puntazo desenvolve unha nova liña de traballo que esté encamiñada a establecer vínculos entre as empresas que conforman o programa e o ámbito universitario, levando a cabo diferentes accións vencelladas á visibilización dos novos talentos creativos de Pontevedra.

Unha desas acción consiste en dar a coñecer a web “A Canteira”, unha compilación dos traballos sonoros e visuais da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. A páxina está deseñada por exalumnos e os contidos son agregados polos propios estudantes dos Grados en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e o Mestrado en Dirección de Arte Publicitaria.

A Canteira promove a posta en valor da creatividade e a innovación, por iso forma parte de CREA S2i, a estratexia de especialización do Campus de Pontevedra. A web está financiada polo Consello Social da Universidade de Vigo.

Entra e coñece de primeira man o traballo dos novos talentos da nosa cidade!