A tenda

a-tenda_logo-350px

A TENDA & Co. É una nova edición de A Tenda de Sétima Feira, tra-lo amplio interese que suscitou a iniciativa de A Tenda no verán do 2016, este ano crecemos!

A Tenda será un ano mais un espazo para proporcionar visibilidade e oportunidade de venda dos seus produtos ós deseñadores locáis e dos comercios que colaboran con eles, con un formato de continuidade como diferencia fundamental co formato “market” de Sétima Feira.

Do 15 de Xullo ó 15 de Setembro A TENDA & Co. ocupará un espazo moito mais grande que o derradeiro ano, o local da antiga “Bolera” na rua Laranxo, para dar cabida a moitas máis propostas de Moda, Complementos, fogar, Ilustración e artigos para nenos.

  1. Presentación de solicitude
  2. Selección
  3. Publicación admitidos/as

Para participar en A TENDA & Co. é preciso cubrir unha solicitude, no formulario en liña que atoparás a continuación.

  • A presentación de documentación falsa ou irregular será motivo de exclusión.
  • A autorización para participar no mercado non é transferible, a persoa titular será a responsable de dita autorización.
  • As persoas responsables dos postos tamén son responsables da legalidade da súa xestión (actividade profesional, fiscalidade, contratación, seguridade e hixiene, montaxe, mantemento e funcionamento, etc).
  • Os/as artistas que se presenten poderán facelo en nome propio ou por medio de colectivos, marchantes, intermediarios/as ou representantes.
  • No caso do mercado de arte, entenderase que os/as participantes son autores/as das obras presentadas ou que gozan de todos os dereitos sobre estas e que será súa a responsabilidade de calquera reclamación por parte de terceiras persoas que poida producirse en relación á autoría das obras.

A TENDA naceu como una proposta de dez deseñado@s galegos o derradeiro ano, pero esta ediciónano haberá máis marcas… En A TENDA & Co. queremos que as novas marcas sexan tamén marcas galegas con deseños orixinales que funcionen a nivel estético e conceptual cas marcas que xa participaron e participarán éste ano nas diferentes categorías de Moda, Complementos, Ilustración, Fogar e Nenos.

Neste sentido, valorarase que os produtos teñan un elevado compoñente creativo e artístico, pero tamén terán cabida elementos como tradición, a preocupación pola calidade, sostibilidade e, dende logo, a autenticidade do produto e materiais empregados. O número máximo de postos admitidos será de 20, dependendo das dimensións e necesidades específicas de cada un.

Os valores que reguiarán a selección de propostas para participar son:

  • Calidade e presentación do produto
  • Idoneidade respecto ao espazo e actividades de Sétima Feira
  • Empregabilidade
  • Proximidade
  • Autenticidade
  • Sostibilidade
  • Identidade

A listaxe de propostas admitidas será exposta nas redes sociais de A TENDA & Co. e a organización enviará un correo electrónico a cada unha das persoas solicitantes.

Será imprescindible presentar una listaxe con cada produto, número de unidades e P.V.P. así como que cada un dos productos veña etiquetado co seu PVP e a identificación da marca.

O incumprimento de calquera destas normas supón a exclusión inmediata da participación en A TENDA & Co.

A organización resérvase o dereito de facer calquera modificación no mercado así como a anulación deste por cuestións de seguridade ou de forza maior.

A participación en A TENDA & Co. supón a cesión dos dereitos de difusión, divulgación e comunicación pública á organización deste, co fin exclusivo de publicidade e promoción do evento por medio de catálogos, folletos, páxina web ou calquera outro medio electrónico ou non, polo tempo necesario, nunca máis aló da vida do propio mercado.

Formulario de solicitude de participación:

NOME COMERCIAL

NOME

DNI ou CIF

ENDEREZO POSTAL

ENDEREZO ELECTRÓNICO

TELÉFONO

SITIO WEB

CÓNTANOS BREVEMENTE O TEU PROXECTO


Acepto as condicións de participación.

Asumo os compromisos estipulados nas normas de A TENDA & Co. e entendo que, en caso de non respectalos, a organización poderá excluír a miña solicitude ou ben procederá á retirada dos elementos non autorizados ou do propio posto durante o tempo de celebración do evento.

Ademáis, entendo que as posibles infraccións cometidas serán recollidas pola organización, quen reservará o dereito de excluir a miña candidatura para próximas edicións de A TENDA & Co.

ASÍ MESMO, DECLARO RESPONSABLEMENTE:

  • Estar ao corrente das obrigas legais, fiscais, laborais medioambientais e hixiénico sanitarias do exercicio da miña actividade.
  • Que no caso de vender produtos alimentarios estes cumpren coas normas de seguridade e hixiene vixentes.
  • Que entendo e acepto o presente documento, polo que veño obrigado/a a suscribir un seguro de responsabilidade que cubra o espazo autorizado pola organización e a miña actividade desenvolvida no mesmo.

E para que así conste para os efectos oportunos asino o presente compromiso de colaboración e responsabilidade.