Alumnos do Carlos Oroza realizan a súa primeira Feira de Turismo

O IES Carlos Oroza volve á rúa. Nesta ocasión será o departamento de Turismo no que os alumnos de primeiro curso montarán a Feira Xeodestinízate para dar a coñecer os 14 principais xeodestinos de Galicia, no que terá unha especial importancia o de Terras de Pontevedra.

Mañá pola mañá, de 11 a 13 horas instalarán casetas na praza da Ferraría e repartirán folletos entre todas persoas interesadas. Tamén terán a disposición dos visitantes extranxeiros información en inglés.

Esta actividade trátase dun traballo escolar que levan á rúa en colaboración co profesorado do centro.

Ademais, o xoves, 12 de maio, de 11 a 13 horas, alumnos dos estudos de Turismo farán un paso polo centro histórico con 15 usuarios do Xoán XXIII para explicarlles elementos curiosos como por que a estátua de Valle Inclán non ten un brazo, para que empregaban os miliarios os romanos, entre outros.

Esta “Quedada entre amigos” pretende facilitar a integración deste colectivo ofrecéndolles unha visión adaptada da historia e dos actractivos da cidade.

A continuación comerán no IES Carlos Oroza nunha comida adaptada na que participarán usuarios do Xoán XXIII e da ONCE, e tamén os profesores do centro.