Arela é un programa activo de mellora da empregabilidade dirixido a 75 profesionais que se atopan buscando emprego, tanto por conta allea como por conta propia (autoemprego). Ao longo dun ano, esta iniciativa traballa o talento das persoas con procesos motivadores. De espírito práctico, Arela xera novas oportunidades laborais.
As empresas hoxe demandan profesionais con competencias tales como o optimismo, a capacidade para traballar en equipo, a intelixencia emocional… este plan de emprego persegue transferir as persoas o protagonismo dos seus procesos de mellora de empregabilidade, incidindo no seu autocoñecemento e autoliderado como eixos fundamentais do seu desenvolvemento profesional. Trátase de centrar a atención no que os profesionais poden chegar a ser, poñendo distancia con respecto ao que son. Arela potencia a liberdade das persoas para que aflore o talento individual e grupal para acadar xuntos unha rede onde xerar novas oportunidades.
Bases do programa
1. Formación a demanda das necesidades dos participantes. A formación é impartida polos/as participantes e por colaboracións externas.
2. Acompañamento individual: créase un plan de acción individual. A fin é axudar os participantes a reforzar as súas competencias e perseguir o seu obxectivo. Organízanse en dúas sesións mensuais nas que se utilizan ferramentas de autocoñecemento, creatividade, coaching, mentoring, intelixencia emocional…
3. Cultura colaborativa: creación dunha comunidade de persoas que colaboren e se axuden na busca de emprego ou autoemprego. O obxectivo é conectar e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo, creando un entorno propio e inspirador onde traballar na procura colaborativa de novas oportunidades. Os membros do programa reúnense os martes e os xoves pola mañá durante cinco horas cos coachs e os mentores na Casa da Luz.
4. Familia creativa: son encontros de creatividade entre empresas, concello, persoas en procura de oportunidades e emprendedor@s. O obxectivo é conectar e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo. Celebrarase un encontro de 5 horas en cada edición. En especial crearase unha alianza estratéxica co Programa Verea dirixido a empresas da cidade.
Descarga máis información: PDF Arela.
Inscríbete no programa: Documentación en pdf.
Contacta!