Beber do País, os mellores caldos da Galiza na Casa da Luz

A Casa a Luz acollerá durante a próxima fin de semana o certame Beber do País un túnel do viño que ten o fin de que todos os interesados, tamén profesionais, podan coñecer e catar caldos das distintas comarcas vitivinícolas de Galiza. Un total de 35 adegas participan no evento.

Beber do País é unha iniciativa da Asociación Galega de Viticultores e a Federación Rural Galega que conta co apoio da Concellería de Promoción da Cidade. Como explica a concelleira Anabel Gulías “apostamos pola promoción dos nosos produtos e non só por ser do país se non pola súa alta calidade e competitividade”..

Este túnel do viño desenvolverase o sábado 26, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e o domingo 27, en horario de 12.00 a 14.00 horas. O prezo é de 5 euros.
Ademais o domingo, ás 12.30 horas, haberá unha cata guiada. Prezo 10 euros.