Capital Shopping completa a súa oferta cunha guía coa diversidade comercial da cidade

A Concellaría de Promoción da Cidade presentou esta mañá a Guía do comercio local de Pontevedra, unha iniciativa enmarcada dentro da campaña Pontevedra, Capital Shopping que potencia o pequeno e mediano comercio xa que os consumidores dispoñen das mellores oportunidades para realizar as compras, dado que toda a cidade pode considerarse como un grande centro comercial.

A guía presentada esta mañá engloba a grande diversidade de propostas comerciais da cidade. A publicación divide o grande centro comercial urbano en cinco zonas: Casco vello, San Antoniño, Centro, Campolongo e Eduardo Pondal, onde a través dun mapa ao que se aplica a filosofía do metrominuto, aparecen as diferentes propostas comerciais comprendidas nese espazo.

Así mesmo, esta guía compleméntase cunha páxina web e unha app gratuíta, onde se agrupan todos os comercios locais.

Na presentación desta nova ferramenta para o consumidor, estiveron presentes a concelleira do departamento, Anabel Gulías e o concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Luís Bará, xunto ao polifacético Xurxo Souto, que fixo todo un pregón da nova ferramenta da que dispoñen os consumidores. O acto celebrouse na recén creada praza do Hospital e supuxo toda unha espectación para os numerosos viandantes que pasaban pola zona a media mañá.

A concelleira Anabel Gulías explicou na presentación que este é o primeiro paso para facer unha guía completa de todo o comercio da cidade, polo que se irán facendo sucesivas reedicións completando a información.

Pontevedra Capital Shopping é un proxecto impulsado pola Concellaría de Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra para reforzar a capacidade de atracción da capital da provincia como área comercial urbana.

Trátase duha proposta de comunicación para apoiar iniciativas empresariais do sector comercial en toda a cidade, un foro que axuda a crear sinerxias entre os responsables do comercio pontevedrés.

ZONA 1 CASCO VELLO

ZONA 2 SAN ANTONIÑO

ZONA 3 CENTRO

ZONA 4 CAMPOLONGO

ZONA 5 EDUARDO PONDAL