O comercio de Pontevedra mantén en xeral unha certa estabilidade a pesares da crise. Aínda que o receso económico afectou e afecta á viabilidade dalgunhas empresas, non se produciu unha desfeita xeralizada nos últimos anos, debido á capacidade de resistencia do sector e ao proceso de rehabilitación urbana.
Grazas á non proliferación de centros comerciais periféricos que compitan cos negocios da cidade, como acontece noutros ámbitos urbanos, as redes habituais de comercio local manteñen unha alta capacidade de atender a demanda existente.
A trama comercial e hostaleira de Pontevedra configúrase como un sector estratéxico da economía do municipio, e conecta directamente coa vocación administrativa e de servizos dunha cidade que constitúe un centro comarcal e turístico de nivel.
Dende o Concello apoiase a cultura emprendedora, estimúlase o comercio de proximidade, promóvense accións formativas e apoiase a creación dunha cultura colaborativa que busca beneficiar á colectividade empresarial e ao conxunto da cidadanía.
Con esta filosofía nace Pontevedra Capital Shopping, un proxecto impulsado pola Concellaría de Promoción da Cidade para reforzar a capacidade de atracción da capital da provincia como área comercial urbana.
Trátase dunha proposta de comunicación para apoiar iniciativas empresariais do sector comercial en toda a cidade, un foro que axuda a crear sinerxías entre os responsables do comercio pontevedrés.
Consulta a memoria de Capital Shopping.
Descarga o fotocol en PDF
As actividades que se teñen posto en marcha até o de agora son:
- Desfiles de moda
- Creación dunha guía do comercio local e unha app. As zonas desta guía son:
- Campaña de promoción exterior
- Coñécesme?