Chega o Samaín e con el unha nova oportunidade para ocupar os espazos públicos con actividades lúdicas, dar visibilidade ao comercio local e dinamizar o casco vello. Con estes obxectivos as concellerías de Promoción Económica e da Cidade e de Xuventude van da man na programación do Samaín que xirará ao redor da Festa do Calacús e da ruta Gruta das Fadas.
O roteiro da Gruta das Fadas, contacontos, un concerto de Flip Corale, a música tradicional dos Gaiteiros das Rías Baixas, comida e bebida a prezos populares, un espazo-ludoteca Montessori especial Samaín e Calacús, unha festa dos espíritos… mergullarán Pontevedra no Samaín o próximo 31 de outubro
Festa dos Calacús. Praza de Mugartegui. De 17.00 horas a 00.30 horas do día 1
Programa:
- 17.00 horas : Comezo da festa na praza de Mugartegui.
- 17.00 a 20.00 horas. Apertura ludoteca Montessori especial Samaín e Calacús da man do espazo Rachachán. Para nenas e nenos de 0-6 anos.
-
17.30 a 20.00h. Comezo da actividade Roteiro da Gruta das Fadas. Baseado nunha tradición de Samaín, 30 nenas e nenos escoitarán un contacontos e sairán coas monitoras a facer un mini-roteiro polo casco vello, na procura das Grutas das Fadas. Unha vez de volta en Mugartegui, haberá un obradoiro de artesanía de Samaín.
Prazas limitadas a 30. Reservas en: turinapontevedra@gmail.com
A reserva non afecta as actividades nas prazas.
• 21.00 a 23.25 horas. Música tradicional co grupo Gaiteiros das Rías Baixas