Chega PON-Emprego coa obriga dun 40% de inserción laboral

O Concello de Pontevedra recibirá preto de 105.00 euros en subvencións da Consellería de Economía para o proxecto PON-Emprego 2016 ao abeiro dos Programas integrados para o emprego para os anos 2016-2017. A achega para a primeira anualidade será de 26.105,50 euros e de 78.319,50 euros para a segunda. O programa ten un custe total de 130.532,49 euros.

O programa PON-emprego ten como obxectivo a inserción laboral dos participantes e unha esixencia mínima de resultados: un 40% de incorporación ao mundo do traballo. O incumprimento deste requisito levará penalización económica, unha redución proporcional da contía.

Non é a única iniciativa laboral co financiada pola Xunta, tamén por resolución da administración autonómica contarase coa aprobación para a posta en marcha do obradoiro de emprego Concello de Pomtevedra-2016.

Neste caso serán 20 os potenciais beneficiarios do obradoiro, en realidade dous: un sobre Dinamización comercial e outro sobre Actividades tempo libre.

PON-Emprego, proxecto promovido pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade, terá un aforo máximo de 60 participantes que deberán ter un común denominador: estar no paro. Dos 60 participantes, a lo menos 1 será desempregado/a con discapacidade, 9 persoas en risco de exclusión social (incluídas perceptoras do Risga), a lo menos 1 muller que acredite a condición de vítima de violencia de xénero, 17 menores de 30 anos de baixa cualificación, 12 menores de 30 anos, 7 persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, 7 persoas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (Prepara), 3 desempregados por mor dun ERE presentado no último ano, 1 muller desempregada, 1 muller parada de longa duración e 1 inmigrante.