Chega a primeira Sétima Feira do 2017, con Cuba de protagonista

O Mercado de Abastos de Pontevedra encherase como cada segundo sábado de mes da creatividade do país de 11.00 a 15.00h. Achégate ata este espazo único o día 14 de xaneiro a gozar da música, arte, moda e sobre todo do bo ambiente. Sétima Feira retoma a súa actividade após o parón navideño.

A temática desta primeira edición do ano vai ser Cuba e a Sétima Feira Infantil vai afondar no traballo da artista cubana Ana Mendieta dan man de Ramón Corbato. A participación nos talleres é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada o día da actividade.

A xornada estará acompañada da boa música do picadiscos Malaguita cunha sesión de vinilos de Funk & Disco e a eso das 12.30 horas o concerto sesión vermú vai a cargo do trío cubano de Reynier Aldana.

Os pontevedreses El mono con sombrero ocuparanse do posto de comida cubana e da coctelería cos seus famosos mojitos, mentres que o Ruzo poñerá o toque do país co seu polbo á feira.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da cidade, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.

Listado de Postos SF11XAN

  • BOH, ilustración
  • SUPERVILLANO, xoguetes e artigos para a cativada
  • CAVALINHO DO DEMO, cerámica e ilustración
  • 
 FILLOS DO MAR, téxtil
  • SABELA CORREA, xoiería
  • MI MADRE NO DEJA, serigrafía artesanal
  • EMILIA PEREIRO, artista gráfica
  • LLUVIA DE PECES, téxtil
  • PATAKA FRITA, libraría infantil
  • SARISVECOUTURE, serigrafía sobre téxtil
  • ISALA SILK, serigrafía sobre téxtil
  • SON HUMANITA, ilustración
  • KHETT, artículos de decoración con madeiras recicladas
  • XOUXERE, ilustración
  • EL MONO CON SOMBRERO