A Concellaría de Promoción Económica organiza cada ano o certame Pontedetapas, un concurso gastronómico que abre unha xanela para amosar e compartir a alta calidade e creatividade da gastronomía local e busca reforzar a marca da cidade e dinamizar o comercio local e o sector da restauración.
Os bares e restaurantes poden presentar as súas creacións en tres modalidades distintas, pero coa obriga da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. De este xeito, os aspirantes poden optar a:
- premio á mellor tapa tradicional, aquela inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía
- á mellor tapa creativa, á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas…
- e ao mellor cóctel
A elección dos gañadores recae nun xurado profesional, composto por profesionais do ámbito da hostalería, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.
Os gañadores obteñen como premio un masterclass dun chef de renome e un diploma e distintivo acreditativo.
De entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade no sabor, no aroma, nos produtos empregados… A Tapa Pontevedra será a que compita na segunda edición de De tapas por Galicia, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.
Podes obter máis información sobre esta iniciativa premendo aquí (web oficial).
Resultados PONTEDETAPAS 2015
- Tapa Tradicional Casa Román, con “Cocido galego”.
- Tapería Dejave, “Nunca máis”.
- Tapa creativa El Cafetín de la Alameda, con “É tempo de navallas”.
- Tapería Loaira “Petisco de mar”.
- Cóctel PTV, mellor cóctel por “Margarida de Bombón”.
- El Pecado con “Chocolat Pecado”.
- Tapa Pontevedra El Cafetín de la Alameda con 4.030 puntos.
- Tapería Loaira con 2.820 puntos Cre-Cottê con 2.555 puntos.
- Pepe Solla
- Manuel Hermo
- José Soto
- Yolanda Castaño
- Faustino Batallán
- Kike García Cerviño
Contacto
Enderezo: Casa da Luz. Praza da Verdura
Teléfono: 986 84 85 52
Horario de atención ao público: 09:30 a 14.00 horas