Coñece aos gañadores de Pontedetapas 2016

Pontedetapas 2016 xa ten gañadores. No certame participaron nesta ocasión 52 establecementos da cidade, deles 32 competiron en tapas tradicionais, 25 en tapas creativas e 13 na categoría de cóctel.

Os premios do xurado son os seguintes:

  • Mellor tapa creativa. Tapería Loaira co bocado “Sopa de mar con vermú” ́
  •  Mellor tapa tradicional. Casa Román co bocado “Empanada de choco”
  • Mellor cóctel. Icewolf co combinado “O fogar dos peixes”

Quedaron como segundos clasificados os seguintes: El Cafetín de la Alameda coa tapa creativa “Jack o lagostino. Imos por partes”; La Casa de las 5 Puertas coa tapa tradicional “Anaco de vaca” e Café Central co cóctel “Cóctel fusión”.

  • Tapa Pontevedra, premio do público foi para El Cafetín de la Alameda. Acadou por votación 6.731 puntos

O público deixou en segundo e terceiro lugar a: A Creperie Cre-Cottê coa tapa tradicional “Xarrete de tenreira Delicias do Bosque” ( con 3.744 puntos) e Pontetapas coa tapa tradiconal “Tiras de entrecosto con escamas de sal negro e timbal de pataca con labras de foie” con 3.731 puntos.

A Tapa Pontevedra será o bocado que competirá por Pontevedra no certame “De tapas por Galicia” que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete capitales galegas. Rubén González terá a posibilidade de revalidar o título de Mellor Tapa de Galiza acadado o ano pasado.

Nos dezaoito días do concurso- con tres fins de semana completas- vendéronse 34.014 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos datos proporcionados polos establecementos.

O xurado de Pontetapas estivo formado nunha primeira criba polo profesorado do CIFP Carlos Oroza que escolleu dez finalistas na modalidade tapa e catro na modalidade cóctel. Destes finalistas o xurado –formado por Marta Fernández Vázquez, directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia; Pablo Romero Huelin, chef da Viñoteca Bagos e membro do Grupo Nove; Elena Vitoria, da Consultoría Gastronómica y Turística Carta Blanca, especialista en tendencias gastronómicas así como no asesoramento e formación de negocios para hostelería e restauración; e Rubén Paz Romero, coctelero profesional e xerente da empresa de eventos El Mono con Sombrero– escolleu o Premio do Xurado.