Dez anos de Karma en Pontevedra ten un puntazo

Pontevedra ten un puntazo continua na labor de visibilización e promoción das empresas locais que desenvolven a súa actividade no ámbito cultural e creativo. O xoves, 17 de marzo hai unha nova presentación, nesta ocasión é a Sala Karma a protagonista, xa que cumpre 10 anos de existencia na nosa cidade.

Marcos Rivas, xerente da sala, será o responsable de achegarnos á historia da Karma e de contarnos anécdotas e momentos vividos nesta década. Pero non estará só, a música será coma non pode ser de outro xeito outro dos principais protagonistas. Contaremos coa presenza de músicos pontevedreses como Arturo Delgado, Roberto Fernández e Dany Moure que actuarán en directo.

Ademais inaugurarase unha exposición dos dez anos de historia con fotografías, carteis, camisetas e discos de bandas e djs que pasaron pola sala e outros eventos realizados coma o Surfing the Lérez, Lolapop, Galeote, … A mostra poderá visitarse na Casa da Luz ata o domingo 27 de marzo.

Pontevedra ten un puntazo é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade que detectou que na cidade hai moitas empresas e iniciativas emprendedoras no ámbito da creatividade e da cultura que non teñen visibilidade, illadas ou con escasa interrelación entre elas. Co fin de combater e reverter esta situación puso en marcha o proxecto que, en presentacións anteriores, abriu ás portas a empresas vencelladas á música electrónica, á animación cultural ou a solucións tenolóxicas para investir en Bolsa