Edigal, innovación e tecnoloxía en Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolleu unha nova presentación de Pontevedra ten un puntazo que tivo a Edigal como protagonista. Alí estiveron o xerente da empresa, Iago Martínez, xunto con Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade.

A pontevedresa Edigal é unha empresa especializada en deseño, desenvolvemento de alumeado exterior, eficiencia enerxética e mobiliario urbano. É un referente en Galiza e no Estado no deseño de armarios a medida adaptados aos requisitos de cada compañía eléctrica.

Ten capacidade para deseñar e desenvolver tanto mobiliario urbano, como centros de mando que se integran en calquera contorna e permiten xestionar diferentes servizos técnicos tales como alumeado público, tráfico, rega, telecomunicacións, control ambiental, etc Ademais dispón de solucións software para a xestión enerxética, sistemas de telemática, telexestión de alumeado público e en espazos singulares, ou sistemas de inventario.

Pontevedra ten un puntazo é un programa que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade co fin de darlle visibilizar o potencial innovador e a creatividade do tecido empresarial da cidade.