Feira de antigüidades

feira-de-antigüidades-rua-serraA Feira de Antigüidades visita a rúa Serra cada domingo. Os vendedores sitúan os seus postos nas inmediacións do Mercado de Abastos en horario de mañá. Son moitos os pontevedreses que aproveitan o descanso dominical para visitar este espazo de venta, unha iniciativa que xurde da colaboración entre a Asociación Zona Monumental e un grupo de coleccionistas chegados de toda Galicia que atoparon no casco histórico de Pontevedra un lugar excepcional para expoñer e vender as súas pezas.

Este mercado ten xa historia en Pontevedra. Instalouse por vez primeira no ano 1997. En novembro do ano 2015, decídese o seu traslado dende a Praza da Verdura á Rúa Serra, un espazo moito máis adecuado para o desenvolvemento desta actividade.