Pontevedra é unha cidade alternativa, dinámica e innovadora. Medra Pontevedra e medran tamén diferentes fenómenos empresarias e comerciais que retratan a nosa singularidade.
Temos detectado moitas empresas pontevedresas no ámbito da creatividade e no cultural de diferente tipoloxía. Algunha delas recentemente creadas, outras cunha longa traxectoria, outras que deciden mudar a súa oferta e outras que se decatan de que a cidade é o un sitio perfecto para traballar.
Estas empresas son fundamentais, non só porque xeran e producen emprego, senón porque os resultados da súa actividade deixan unha pegada positiva na cidade: o beneficio colectivo. Empresas que traballan cun obxectivo social son imprescindíbeis para construír unha Pontevedra diferente, con formas de produción e de relación alternativas. Empeza a ser frecuente que varias empresas colaboren en proxectos comúns.
En definitiva, unha realidade que é un puntazo! E para aproveitar tanto potencial é preciso dentro das institucións reforzar e pór en valor todo este investimento e todo este tecido económico e comercial, por iso nace Pontevedra ten un puntazo! que ten coma obxectivos:
- Xuntar ás empresas que se definan e operen neste ámbito.
- Crear canles directos entre empresa e Concello, como con outras entidades como a Universidade. Así promóvese o diálogo en directo.
- Crear conexións entre todas as empresas do sector para que aproveiten as súas fortalezas e boas prácticas, coñezan as diferentes realidades para establecerse e os métodos de colaboración.
- Visibilizar, impulsar un catálogo de empresas que se axusten a moitas necesidades diferentes, ás institucións e ao sector privado .
- Amosar o potencial da cidade como sementeira de creatividade.
Cada mes, a Concellaría de Promoción Económica organiza a presentación dunha empresa.
As inscricións tramítanse por mail: pontevedratenunpuntazo@pontevedra.eu
Enlaces de radio:
Contacta!