ILES

Baixo a denominación Iniciativa Local de Emprego Social (ILES) , o Concello recolle toda a súa proposta formativa. Trátase dun novo concepto de formación integral e multidisciplinar que busca dar formación a máis de 400 persoas e empresas para mellorar a empregabilidade e a abrir novos horizontes.

Unha das novidades do programa é a Mesa ILES, que reúne aos actores implicados no programa: empresa participantes, Concello e Universidade. A mesa é unha ferramenta de gran utilidade para avaliar a evolución e o rendemento social do programa.

A formación en ILES abarca diferentes accións que estratexicamente se dirixen a públicos con distintas necesidades.