Procuras o mellor bocado? O mellor cóctel? Pontedetapas

É novembro? Chega Pontedetapas. Un total de 52 establecementos hostaleiros da cidade participan na nova edición de Pontedetapas: 32 deles competirán por facerse co premio ao mellor bocado tradicional, 25 co premio ao mellor bocado creativo e 13 co de mellor cóctel. Ademais manterase o premio do público Tapa Pontevedra.

A nova edición chega con novidades: a posta en marcha dunha app propia, a incorporación dun xurado técnico que fará a preselección de tapas para o xurado profesional e o engarce do certame coa feira profesional Etiqueta Negrada, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora de tal xeito qos os gañadores de Pontedetapas farán un showcooking no Gourmet 2017.

Pontedetapas 2016 terá lugar do xoves 3 de novembro ao domingo 20 de novembro, tres fines de semana completas, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Serán, pois, 18 días nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados. Mantéñense os mesmos prezos que o ano pasado: 2 euros por tapa e 3 euros por cóctel.

Rendibilidade económica, visibilización dos negocios da hostalería local e demanda do público son as razóns que consolidan a Pontedetapas como cita obrigada coa gastronomía de Pontevedra no mes de novembro, subliña Anabel Gulías, responsábel municipal de Promoción Económica e da Cidade, a concellería que promove o certame. As cifras acadas na pasada edición falan por si soas: nos 11 días do concurso vendéronse 33.007 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos tickets de compra; as 32.082 tapas vendidas xeraron uns ingresos de 64.164 euros en tanto que os 925 cócteles supuxeron 2.775 euros.

Premio do Público. Tapa Pontevedra

Entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o Premio do público “Tapa Pontevedra”, á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados…

O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 3 ao 20 de novembro. Poderá votar a través dun cupón de votación, en formato papel, ou a través da app Pontedetapas.

A Tapa Pontevedra será a que represente á cidade de Pontevedra na terceira edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas.

O Premio do Xurado

Un xurado técnico, comandado polo CIFP Carlos Oroza, analizará as receitas, degustará todas as tapas presentadas a concurso e fará unha criba de 14 creacións (10 tapas e 4 cócteles) que serán as que probarán no establecemento candidato o xurado de Pontedetapas. Os nomes deste último xurado non se farán público ata finalizar o concurso.

O xurado Pontedetapas escollerá á mellor tapa tradicional, a mellor tapa creativa e omellor cóctel.

Este xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.

A visita do xurado non se anunciará e poderá ser en calquera momento entre o rango horario especificado e pagarán as súas tapas como calquera cliente, como se fixo o ano pasado. A identidade dos seus membros darase a coñecer nun evento final ao remate do concurso.

Premio para o público

Mediante a súa votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo de DOUS premios de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local.

Un primeiro premio desenvolverase por extracción ao azar dun cupón en formato papel de entre a totalidade dos recibidos. O segundo premio outorgarase entre os clientes que voten a través da app Pontedetapas.

O sorteo de ambos os dous premios terá lugar nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso (data e hora por determinar).

O pasaporte

Volveremos a contar co Pasaporte Pontedetapas que garantiza un regalo seguro, (consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso) a aqueles consumidores que o presenten selado por todos os locais participantes na Casa da Luz antes do día 30 de novembro de 2016.

Na web pontedetapas.eu está toda a información sobre os establecementos, horarios, fotografías das tapas…

App propia

Nesta edición contaremos cunha app propia, gratuíta para o usuario, sinxela e intuitiva. Desenvolvida para iOs e Android, a app Pontedetapas permitirá ver detalles dos locais e das tapas participantes, posicionándoos por xeolocalización no mapa. Ademais, tamén incorpora un sistema de votación popular, fiable e transparente, mediante a introducción de códigos (alfanuméricos e QR).

De entre todas as persoas que voten a través da app sortearase un premio de 500 euros para gastar no comercio e mercado local.

Participantes

TAPAS TRADICIONAIS

  • A Casa da Leña. Lura encebolada sobre molete crocante de allo
  • Bar Brasil. Milfollas de polbo con patacas á galega
  • Bar Timón. Patacas revolconas da avoa
  • Barbol. Bombón galego
  • Café-bar Carabela. Zamburiña con salsa mariñeira
  • Center 2. Salpicón de marisco con vinagre de framboesa
  • Cervecería El Bruc. Pontevedra vs New York
  • Cre-Cottê. Xarrete de Tenreira Delicias do Bosque
  • Hotel Rías Bajas. Zamburiñas con crema de queixo afumado gratinadas con po de xamón.
  • Hotel-Restaurante Rúas. Espetada moura galega con patacas alioli
  • Icewolf. Filloa reenchida de polbo da ría e queixo de Arzúa
  • La Casa de las 5 Puertas. Anaco de vaca
  • La Espuela. Zamburiña en crema de grelo con crocante ibérico
  • La Estafeta. Cuncha de mar
  • La Fábrica. Faceira de porco estufada con quenelle de cremoso de pataca
  • La Fuga de Blas. Enlatado de mexillón, zamburiña e verduriñas co seu escabeche
  • La Gramola. Pontepostre
  • La Platería. Ás de polo ao chile con crema fresca
  • La Vuelta a la Tortilla. Croquetón de polo e queixo brie
  • O Cruceiro. Tortilla de pataca e bacallau
  • O Novo Viñedo. A filloa da avoa
  • Parador de Turismo Pontevedra. Croquetón de queixo do Cebreiro con marmelo
  • Pintxoviño. Porca de mar
  • Pontetapas. Tiras de entrecosto con escamas de sal negro e timbal de pataca con labras de foie
  • Posada Indiana. Gua_bao Pontevedra_Taiwan
  • Restaurante Casa Román. Empanada de choco
  • Restaurante La Cámara. Espetada entremares
  • Taberna Saudade. Rodolfo na súa dorna (sempre en Galiza)
  • Taberna Zentola. O polbiño Simón
  • Tasca O Quente. Broco-mole
  • The Betsy Flanagan. Faceiras My Way
  • Tiara. Patacas á importancia con gulas e ameixas

TAPAS CREATIVAS

  • A Adega dos Avós. Faceira en salsa
  • Badiana Tapas. Chourizo con ovo e patacas
  • Boaviña Enoteca. Do Norte ao Sur
  • Botica Pontevedra. Albarelo de salmón
  • Café Central. Flor Mextura (México – Italia)
  • Café-bar Carabela. Rodaballo en salsa verde
  • Cafetería Orly. Pita de costela de porco
  • Cafetería Sonata. Vaca vella ou boi?
  • Casa Verdún. Xoubapizza
  • El Cafetín de la Alameda. Jack o Lagostino. Imos por partes
  • Hotel Rías Bajas. Faceira de porco celta sobre cama de castañas e froitos silvestres
  • La Fuga de Blas. Saquiño de xarrete de vaca galega con cremoso de queixo de tetilla e xamón ibérico
  • La Quesera. Focaccia celta
  • La Tienda de Clara. Sabor a mar
  • La Ultramar. Taco de costela de porco cajun
  • O Souto Bar Restaurante. Empanada negra de choco
  • O’Bioco. Mar de regatas
  • Restaurante Room Pontevedra. Polbo e allo negro
  • Taberna Saudade. Araucanía
  • Tabula Rasa. mexillÓNS tigretÓNS
  • Tapería El Pecado. Paspallás á laranxa sobre niño de pataca palla
  • Tapería Loaira. Sopa de mar con vermú
  • The Betsy Flanagan. Ai, que te mole
  • Verbena. Gofre Verbena
  • Vetula Ponte. Sabores Vétula

CÓCTELES

  • Botica Pontevedra. Placebo de Llin
  • Café Central. Coctail Fusión
  • Center 2. Cup de froitas Manuel Soto
  • Cervecería El Bruc. Bananabruc
  • Icewolf. Mareas baixas
  • Icewolf. O fogar dos peixes
  • La Gramola. Follas novas
  • La Platería. Tequila Platería
  • Restaurante Room Pontevedra. Aloe mojito
  • Tapería El Pecado. Espellismo de vainilla
  • The Betsy Flanagan. Herba da boa
  • Verbena. A laranxa mecánica
  • Vetula Ponte. Tango (que me fixeches mal e con todo quérote)