Máis de 50 candidatos para a segunda Sétima Feira que será sobre o téxtil

A segunda edición de Sétima Feira xa está preparada para o vindeiro sábado 12 de marzo no primeiro andar da Praza de Abastos de Pontevedra. Despois do éxito da primeira edición, continúase con esta iniciativa promovida pola Área de Promoción Económica do Concello, que busca dinamizar a escea creativa da vila favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.

No mes de marzo, Sétima Feira centrarase no téxtil, seleccionando experiencias e proxectos creativos galegos onde están presentes valores e elementos como sostibilidade, o feito a man, a tradición e a proximidade.

Despois de abrirse o proceso de convocatoria, recibíronse case 50 solicitudes das que foron seleccionadas 15.

O programa xeral será o seguinte:

11.00 h apertura
11:00-15:00 obradoiros infantís
11.00 a 13.00 h e de 14.00 a 15.00 h remate dj Javi de la Torre (JT)
13.00 sesión vermú a cargo de Querido Extraño
Sétima Feira celebrarase no primeiro andar do Mercado de Abastos entre as 11:00 e as 15:00h. Ademáis das propostas de moda e arte, haberá espazo para a gastronomía e actividades infantís.

Para a seguinte edición, que será o segundo sábado de abril, xa está aberta a convocatoria en http://www.pontevedra.gal/areas/promocion-economica/setima-feira/.

Tamén se poden recoller os formularios de inscripción e solicitar información na Oficina de Sétima Feira (Rúa Serra, n.º 3 con horario de apertura os mércores, xoves e venres de 10:00 a 13:00)

Mail de contacto setimafeira@pontevedra.gal teléfono é 886203734