Máis Luz

casa luz pontevedra

A Casa da Luz está situada nun dos espazos máis emblemáticos da Zona Monumental de Pontevedra, a Praza da Verdura. Trátase dun edificio multifuncional, moderno, dinámico e creativo que está aberto a toda a cidadanía pontevedresa e que conta con peso propio na dinamización da vida da capital. É o centro neurálxico da actividade cultural, económica e creativa da cidade, levándose a cabo continuamente no seu interior toda clase de actividades e exposicións, tanto lúdicas coma divulgativas e formativas.

Na planta baixa do edificio atópanse as dependencias de Turismo de Pontevedra, que comparten espazo coas exposicións ou eventos que alberga o inmoble.

Na primeira planta sitúase o servizo de Promoción Económica, adicado a apoiar os proxectos emprendedores que se crean na cidade. Asesorar a empresas, promover plans formativos e xestionar achegas para iniciativas propostas por emprendedores son tarefas que asumen os profesionais que traballan neste departamento. Tamén na primeira planta está a Pontevedra Film Commission, encargada de impulsar producións audiovisuais na cidade.

A Casa da Luz conta con outras dúas plantas que están a disposición das asociacións que as solicite: a Sala dos Bolechas está situada no soto do edificio e é un espazo perfecto para organizar conferencias, cursos ou presentacións; o Faiado da Luz, pola súa banda, está na segunda planta. De dimensións máis reducidas que a Sala dos Bolechas, é un espazo perfecto para acoller reunións.

Contacta!

Enderezo
Teléfono
Horario de atención ao público