O Concello renova o seu apoio ao comercio local

O Concello de Pontevedra renovou esta mañá o convenio anual que mantén coa Asociación de mediadas e pequenas empresas de Pontevedra (Aempe) para favorecer o desenvolvemento do comecio local no concello, especialmente a través da marca Capital Shopping. Neste convenio se enmarcan accións de publicidade, xuntanzas entre empresas para aproveitar sinerxias, as campañas do comercio no Nadal ou Feiras como Edugal.

Precisamente baixo a marca Capital Shopping celebrarase o vindeiro 14 de outubro, a partir das 20.00 horas, na rúa Rosalía de Castro o segundo desfile de rúa dos establecementos comerciais da rúa aos que se lles incoporarán dous locais de fóra da zona.

Na sinatura do convenio o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destacou que o comercio é unha peza fundamental no modelo de cidade de Pontevedra xa que ademais de supoñer un atractivo para as persoas que se achegan doutros concellos, tamén xeneran xente na rúa o que implica calidade de vida, cohesión social, seguridade…