O día 7 abre o prazo para participar 
no Mercado das palmas da rúa Serra

A rúa Serra volverá a acoller o tradicional mercado das Palmas os vindeiros 18 e 19 de marzo. A Concellaría de Mercados, que xestiona Vicente García Legísima, abre un prazo de solicitudes para todas as persoas que queiran participar nel.

Deberán dirixirse á oficina da Administración do Mercado, situada na parte alta da Praza de Abastos para retirar a correspondente solicitude entre o 7 e o 16 de marzo.