O emprendemento en Galicia ten un futuro prometedor e moita xente que se atreve a soñar’

  • A cuarta edición do PONT-UP remata con grande éxito de público na carpa e nas actividades programadas en toda a cidade.
  • FabSpace S. Coop Galega gañou o Premio ao Mellor Proxecto de Emprendemento nesta edición.
  • A xincana bike volveu xuntar a máis de cen rapaces e rapazas nunha proba para estimular o seu espírito emprendedor e colaborativo.
  • O Puntazo Exprés posiciona a varios emprendementos como proveedores das cinco grandes empresas galegas que participaron como escoitantes.

A carpa do Pont-Up Store pecha hoxe as súas portas coa satisfacción do traballo ben feito. Máis público, emprendementos brilantes e alto nivel de participación nas actividades resumen esta cuarta edición que xuntou en Pontevedra ás mellores iniciativas do ecosistema emprendedor galego.

O director do encontro, Pedro Figueroa, mostrouse moi satisfeito por ser capaz de xuntar neste encontro emprendementos que converten ao Pont-Up Store no gran escaparate da iniciativa empresarial galega e ‘constatan que o emprendemento en Galicia ten un futuro prometedor e moita xente que se atreve a soñar, como reza o noso lema desta edición’.

Figueroa destacou a excepcional resposta do público á proposta de Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.

Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, durante a mañá de hoxe os protagonistas foron os máis pequenos que particiapron na segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

O mentoring, unha das novidades do programa, tivo o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentou no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) impartiu a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

Puntazo Exprés

Onte, a segunda edición da Sección Puntazo Exprés deixou a toda a comunidade emprendedora do Pont-Up Store moi satisfeita polo gran nível das propostas que se presentaban e o valor do feedback aportado polos escoitantes, entre os que estaban Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos. Todos puxeron de relevo o gran potencial de todos os proxectos, entre os que destacaron algúns cos que probablemente empecen a colaborar como ANAQUIÑOS DE PAPEL que ofrece creatividade e deseño en papel moi orientada ao packing para eventos e empresas. Pola súa parte a app OSIGRIS para a xestión de parcelas agrícolas e control de persoal logrou captar o interese das Bodegas Martín Códax e de Monet Viticultura

Premios aos mellores proxectos de emprendemento

A empresa viguesa FabSpace S. Coop Galega foi a gran trunfadora dos premios Pont-Up Store 2017. A organización destacou o seu carácter innovador e social como responsable do Laboratorio de Creatividade e Fabricación Dixital do evento. O FAB LAB estivo funcionando desde o mércores nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración, cun taller permanentemente aberto onde os visitantes tiveron a oportunidade de experimentar coa fabricación dixital, asistir a debates sobre a función social dos fab labs e os usos da impresión 3D.

A empresa viguesa de moda, SOMOS OCÉANO, gañou o premio ao Mellor proxecto en Deseño, Moda, Complementos e Decoración, coa súa proposta de prendas con sabor marinheiro e sentido do norte. www.somosoceano.com

THE COMMUNITY foi escollido como Mellor Proxecto en comunicación, Deseño Gráfico e Eventos, pola súa plataforma na que comunican e poñen en contacto a empresas e comunidades específicas. www.thecommunityspain.com

A empresa TERCEIRA PEL resultou vencedora na categoria de Mellor Proxecto en Enxeñerías, consultorias e Outros Servizos, pola súa proposta empresarial de solucións e asesoramento en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia.

O Mellor Proxecto en Formación, Educación, Arte e Cultura foi FUNÁMBULOS cunha iniciativa que propón un espazo aberto á comunicación, o benestar, o equilíbrio emocional e a autonomia do individuo. www.funambulos.com

A marca de cervexas artesanas MEIGA, con obrador de fabricación en Poio, foi o Mellor Proxecto en Alimentación e Restauración. www.meiga.gal

E por último, a axencia de turismo activo VOLTA MONTANA, recibiu o premio ao Mellor Proxecto en Turismo, Ocio, Saúde e Benestar cunha proposta de rutas por toda Galicia combinando cultura e natureza. www.voltamontana.com

A excepcional resposta do público á proposta de Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade.