O Pont-Up Store pecha a terceira edición superando as 20.000 visitas en 3 días

A última xornada do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE estivo marcada polas actividades destinadas ao público familiar e a entrega de premios aos mellores proxectos de emprendemento desta edición que tivo un impacto social moi superior ao da pasada edición cun alcance que superou as 20.000 persoas implicadas entre participantes, visitantes e asistentes ás diferentes actividades durantes os tres días do evento. Como balance, o seu director, Pedro Figueroa, valorou sobre todo “o nivel dos emprendementos que se mostraron que demostran que sen dúbida somos unha potencia en talento, innovación e creatividade”. Dentro das actividades, Figueroa valorou especialmente o impacto do Puntazo Exprés pola oportunidade real que supón para os proxectos de emprendemento poder contactar directamente con grandes empresas galegas coas que iniciar unha posible colaboración. Po último o director do Pont-Up Store anunciou que a organización xa está traballando na próxima edición co obxectivo de mellorar as propostas e seguir medrando para atraer a Pontevedra a emprendedores e referentes en emprendemento a nivel global.

Actividades

O día empezou cunha xincana bike organizada polo Clube Cicilista de Poio e o comité organizador do Pont-Up Store, que se desenvolveu durante toda a mañá na Alameda de Pontevedra. Rapazas e rapaces de distintas idades participaron coas súas bicis nun circuito de probas  enfocadas a ensinarlles os valores do emprendemento social e o traballo en equipo.

Na Casa das Campás, os emprendedores de Converfit ensinaron un bo grupo de participantes a crear a súa propia tenda online nunha hora sen coñecementos previos. A continuación, a psicóloga e coach Raquel Barrero, impartiu unha charla enfocada a adestrar as habilidades para o emprendemento, romper barreiras e medos para a actividade profesional.

Actuacións e obradoiros

A cooperativa Miudiño, dedicada aos brinquedos e a música tradicional para o público infantil encheu a zona central da carpa de familias que participaron no espectáculo “Fíos do Querer”, do Cé Orquestra Pantasma, baseado no libro disco do mesmo nome que inclúe 24 sinxelas e agarimosas cancións para xogar cantar e bailar cos nenos de colo.

Mercado Flotante, unha empresa enfocada á venta online de productos gastronómicos para cociña internacional, desenvolveu un obradoiro no que os participantes aprenderon a elaborar mochis, unha receita xaponesa de boliñas de arroz.

Pola tarde, Xeitura Coop, centrada en actividades de xestión integral do patrimonio cultural, desenvolveu un obradorio de introducción á arqueoloxía destinado ao mostrar ao público mais cativo o valor das pezas patrimoniais que poden acharse no noso subsolo.

No stand da Microfábrica de Cervexa Artesá, Galician Brew, houbo tamén un obradoiro de elaboración de cervexa con coñecementos e técnicas básicas para poder facelo na casa.

Co equipo da empresa Fun Forest Inglés divertido, nenas e nenos de 6 a 12 anos experimentaron a aventura de emprender desenvolvendo por grupos varias ideas de negocio que prsentaron ao público en inglés e galego coa axuda dunha profesora-guía.

A última actividade foi a presentación da revista Alehop chea de contos, xogos, manualidades, maxia, música, deportes, receitas de cociña e historias sen final para poñer a funcionara a imaxinación.

Entrega de premios

O encontro clausurouse coa entrega de premios aos mellores emprendementos desta edición, escollidos por un xurado designado polo comité organizador do evento. O interese do proxecto en canto a creatividade e innovación, a dinamización, implicación e stand. Na categoría de Deseño, moda, complementos e Decoración, a empresa gañadora foi Thunders Love, unha marca de moda de estilo urbano para home e muller con puntos de venta en tendas especializadas de toda a península. No apartado de Comunicación, deseño gráfico e eventos, levou o premio Seele Comunicación, unh axencia de asesoramento nestes ámbitos que cautivou ao público do Pont-Up cunha proposta de promoción baseada nun orixinal xogo de creatividade con premios para os participantes. No ámbito das TIC’s e as Novas Tecnoloxías (Apps, videoxogos, é-commerce, software…) foi o equipo de iEscola C.B. o que se fixo co recoñecemento do xurado, co seu proxecto de formación no ámbito das novas tecnoloxías para centros educativos. No sector das Enxeñerías, consultorías e outros servizos, trunfou a proposta de Innovadhoc, unha empresa de servizos multimedia e de impresión 3D capaz de ofrecer prototipos en madeira e con especial orientación ao ámbito industrial e ao sector naval en particular. Na categoría de Formación, educación, arte e cultura, fíxose co galardón a empresa de economía social Xeitura Coop polo seu labor na xestión integral do patrimonio e a súa proposta de actividade de introduión á arqueoloxía durante a feira. No sector de Alimentación e Restauración, o proxecto emprendedor escollido polo xurado foi A tenda da Gata, unha proposta de emprendemento local en clave de consumo responsable, ben coñecida en Pontevedra a pesar da súa recente creación. E por último, o Premio ao Mellor Proxecto Emprendedor, escollido entre os premiados de todas as categorías foi Innovadhoc.