- Apoian a demanda dos hostaleiros e piden que os elementos decorativos das terrazas
(anclaxes, toldos..) non reste visibilidade aos seus negocios - A concelleira de Promoción da Cidade subiña a cordialidade e o espírito construtivo do
comercio local ao abordar a reforma da ordenanza de veladores
A cordialidade e o espírito construtivo presidiu a reunión mantida hoxe polos
representantes das asociacións de pequenos empresarios e comerciantes coa
concelleira de Promoción da Cidade e responsábel de actividades terciarias, Anabel
Gulías para falar da revisión da ordenanza municipal de veladores. Na reunión,
celebrada na Casa da Luz, participaron CCU-Zona Monumental, Aempe, Galerías
Oliva e Cámara de Comercio.
A ampliación e flexibilización dos horarios e a estética das terrazas -cuestións
formuladas polos hostaleiros- centrou a reunión na que os representantes das pymes
e comercio local amosaron o seu apoio a estas demandas sempre que se cumpran
certas condicións: que non choquen coa convivencia veciñal, que non entorpezan a
carga e descarga e que os elementos decorativos das terrazas (anclaxes, toldos…)
non colisionen coa actividade comercial, e dicir, que non reste visibilidade aos
negocios. “Son cuestións todas elas razoables” indicou a concelleira de Promoción
da Cidade, Anabel Gulías, quen comparte a formulación de que os veladores e
terrazas teñen que convivir co día a día da cidade.
O encontro forma parte da ronda de contactos posta en marcha pola Concellería de
Promoción Económica para escoitar as demandas dos distintos colectivos
empresariais e sociais respecto aos veladores, recoller achegas e finalmente acadar
o maior consenso posíbel na revisión e actualización da ordenanza vixente
A de hoxe foi a segunda reunión, após da mantida o pasado 24 de abril co sector da
hostalería que puxo a énfase na necesidade de ampliar e flexibilizar o horario das terrazas e na posibilidade de abrir o abano de materias para as terrazas, a outros
homologables aos esixidos no día de hoxe inda que máis lixeiros.
Conxugar o desenvolvemento da actividade económica co uso cidadán do espazo
público e principal reto a enfrontar. Para os próximos día hai previstos novos
encontros.