Petra, a guía da Ruta da arte rupestre de Terras de Pontevedra

Petra guiará a turistas e residente, a maiores e pequenos, pola ruta da arte rupestre de Terras de Pontevedra, a mancomunidade creada co fin de pór en valor os seus recursos turísticos e deseñar e pór en marcha estratexias de promoción dos atractivos da zona. Terras de Pontevedra agrupa aos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Vilaboa.

Entre os ríos Verdugo e Lérez temos un “paraíso” de petroglifos non sempre coñecido: o parque arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro, o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor. Centro Arqueolóxico da Caeira e a Área Arqueolóxica de Tourón.
E, como subliñou a concelleira de Promoción da Cidade e presidenta de Terras de Pontevedra, Anabel Gulías, “una aposta polo turismo cultural cun chisco ao turismo familiar”.

Co fin de dar a coñecer a ruta da arte pedestre, viaxarán a Terras de Pontevedra oito blogueros referentes no eido do turismo e lecer. O blogtrip desenvolverase entre os días 20 e 23 de setembro.

Más información: www.terrasdepontevedra.org

petra_gal_portada-1