Plan ON, primeira semana de inscrición e 226 solicitudes

Leva unha semana aberta inscrición e xa son 226 ás solicitudes formalizadas para facer algún dos oito cursos de formación on line que promove a Concellería de Promoción da Cidade para desempregados, sen límite de idade e de balde. O chamado Plan ON oferta un total de 480 prazas, 60 por curso.

As primeiras inscricións permiten obter un primeiro perfil biográfico dos demandantes do Plan ON. Hai máis mulleres que homes: 151 (o 66,8%) fronte a 75 (33,1%). E por grupos de idades empatan os demandantes que teñen menos de 30 anos e os que teñen de 30 a 40 con 35,8% das solicitudes en cada caso – 81 en termos absolutos-. O resto dos demandantes de cursos on line do programa Plan ON teñen máis de 40 anos e entre eles hai media ducia con ao redor de 60 anos.

Os cursos, cunha duración que vai dende as 10 ás 60 horas, faranse a través dunha plataforma dixital www.planon.gal A través desta mesma plataforma fase a inscrición.

Os dous primeiros serán no mes de xuño, a partir do día 15. Trátase de:

Manipulador/a de alimentos (10 horas).
O proceso comercial: as xestións administrativas (25 horas). Para este curso aínda hai
prazas.
Seguiranlle os seguintes:

En xulio
Inglés (certificación A1) (50 horas)
Prevención de risco laborais (60 horas)

En setembro.
Alemán: Iniciación 50 horas)
Carretilleros (25 horas)

En outubro
Inglés (certificado A2) (50 horas)
Deseño asistido por orddenador (40 horas)