O Plan On é un programa de formación semipresencial que procura a mellora da inserción laboral a través de formación práctica en habilidades laborais que melloren os curriculos individuais. O concello dispón dunha plataforma de formación telemática na que se impartirán os seguintes cursos:
- O proceso comercial: As xestións administrativas.
- Deseño asistido por ordenador
- Manipulación de alimentos
- Alemán básico
- Inglés A1
- Prevención de riscos laborais. Nivel básico.
- Carretilleiro
A plataforma dos cursos é www.planon.gal
Enlace á instancia de Plan On (PDF).
Consulta os programas de Plan On (PDF).