Plan Verea

verea concello pontevedraÉ un programa que nace do camiñar, das sinerxías, da reacción ante unha necesidade. Pretende dar resposta ás necesidades de pontevedreses interesados en crear start ups e orientar a empresas que queren reformular as súas ideas de negocio ou facer fronte a problemas e incidentes.

Verea parte do coñecemento acumulado e durante 3/4 meses axuda a unha vintena de empresas e responsables de proxectos do municipio a promover a innovación de modelos de negocio. Permite ás organizacións da cidade avaliar a súa capacidade para avanzar. As partes participantes colaboran nun esforzo para mellorar a competitividade.

Verea ofrece asesoramento individualizado á empresa durante períodos de 15 horas, unha ducia das cales son presenciais (2 horas por sesión cada 15 días). Cun espírito participativo e activo, os participantes identifican as debilidades das organización, e tamén as oportunidades coas que contan. Unha folla de ruta determina o cumprimento dos obxectivos marcados.

Verea incorpora tamén sesións grupais, obradoiros e networking que se distribúen nunha sesión mensual de tres horas. Establécense así contactos con outras empresas, favorecendo a consolidación de redes de colaboración e o coñecemento de novos clientes ou posibles provedores. Integrar o coworking é determinante para o tecido empresarial e o emprendemento.

Bases do programa:

  1. Adestramentos individuais: créase un plan de acción por empresa ou proxecto segundo as súas necesidades. O fin é axudar aos participantes a reforzar as súas competencias e perseguir o seu obxectivo. Organízase en dúas sesións mensuais nas que se empregan ferramentas de autocoñecemento empresarial, creatividade, mentorización, xestión da innovación, incorporacións de tecnoloxía, marketing, uso de redes sociais… aportase todos os mecanismos necesarios para cumprir cos obxectivos.
  2. Rede empresarial: potencia a rede empresarial para que se creen alianzas, contactos entre emprendedores ou proxectos en común.
  3. Obradoiros a demanda: establécense en función das necesidades dos/das participantes. A formación é impartida polos/as xestores do programa contando coa colaboración de profesionais externos.

Descarga o PDF para participar no programa!

Descarga o PDF sobre Verea!

Contacta!

Enderezo
Teléfono
Horario de atención ao público