A Concellería de Promoción Económica ten como obxectivo básico a dinamización económica da cidade. Esta actividade lévase adiante a través da Axencia de Desenvolvemento Local (ADL), organismo creado á par que a propia concellería, que tamén é a encargada de contribuír á creación de emprego, facilitar a constitución e implantación de empresas e promocionar a cultura emprendedora, entre outras tarefas. O obxectivo final de toda esta actividade é conseguir mellores condicións de vida e benestar para a veciñanza de Pontevedra.
Os profesionais deste servizo realizan, entre outras, os seguintes labores:
Emprego e autoemprego:
- Xestión de axudas para favorecer o emprego, centrándose naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de acadar un emprego.
- Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñíbeis, así como facilitar o seu acceso aos mesmos.
- Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo, informando das medidas de apoio existentes, dos trámites coa administración e pondo en relación as persoas emprendedoras cos recursos.
- Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso ás mesmas.
- Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante:
- Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
- Apoio ás persoas promotoras das empresas, unha vez constituídas, acompañándoas tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.
Comercio:
- Información xeral sobre axudas ou subvencións públicas dirixidas ao comercio.
- Realización de campañas de promoción do comercio de proximidade.
- Colaboración e participación dos comerciantes locais e de asociacións de empresarios e comerciantes locais no desenvolvemento de iniciativas dirixidas ao fomento e ao apoio ao comercio de proximidade e dinamización económica da cidade.
- Información xeral sobre outros recursos municipais que poidan ter unha participación na actividade comercial local.
Contacta!