Boletín Ponteemprego

iles-ponteempregoO Boletín Ponteemprego é un semanario responsabilidade de ILES Concello de Pontevedra. Encárgase da publicación de anuncios de emprego, de ofertas e negocio, cursos de formación e novidades acerca de bolsas, subvencións e normativas de interese. Tamén se fai eco das noticias ou eventos máis relevantes que están a acontecer na cidade cun enfoque centrado en ofrecer información de interese para a cidadanía.

O seu principal obxectivo é o de servir como unha ponte entre a poboación e o mercado laboral, constituíndo unha ferramenta para as persoas con máis dificultades para atopar un emprego. Actualízase todos os mércores para que os pontevedreses poidan contar periodicamente con información do seu interese.

O boletín está a disposición de todos os internautas neste enlace.