Observatorio socioeconómico

observatorio-socioeconomico-pontevedraO Observatorio Urbano de Pontevedra configúrase como un sistema ou plataforma de información estruturada, con carácter aberto, que ten por obxectivo xestionar a información local de diferentes ámbitos (social, económica, territorial…) e o seu posicionamento con respecto a outras áreas de referencia.

Este organismo parte dun plantexamento sustentable a curto e medio prazo, cun enfoque modular e multidisciplinar que dota ao sistema da flexibilidade necesaria para evolucionar paulatinamente en función dos recursos dispoñibles, de tal xeito que dote á cidade dun sistema de información útil e accesible en todos os ámbitos estudados.

Son obxectivos do observatorio:

  • Proporcionar á administración local e aos axentes sociais información obxectiva necesaria para a toma de decisións no marco do desenvolvemento local.
  • Mellorar a prestación de servizos á cidadanía.
  • Incrementar a interacción entre axentes sociais.
  • Poñer a disposición da veciñanza dos principais datos relacionados co Concello, mediante un acceso á información fácil de interpretar que satisfaga as necesidades de transparencia e comunicación.

Consultar informes socioeconómicos:
Informe socioeconómico 2016
Informe socioeconómico 2015

Contáctanos:
Enderezo: Casa da Luz. Praza da Verdura
Teléfono: 986 84 85 52
Horario de atención ao público: 09:30 a 14.00 horas