O Consello Económico e Social (CES) do Concello de Pontevedra configúrase como un instrumento básico de participación, negociación e concertación dos axentes económicos e sociais para asesorar e transmitir opinións á Administración Local, Autonómica e Central co obxectivo de fomentar o desenvolvemento económico e o pleno emprego no seu ámbito territorial.
É un órgano colexiado de carácter consultivo, que facilita a participación e comunicación permanente entre os distintos intereses económicos e sociais do municipio, e de asesoramento e diálogo entre estes e o Concello.
Funcións
- Ser informado sobre os criterios e liñas xerais do anteproxecto de orzamentos municipais aos efectos do seu coñecemento e valoración en relación ás materias socio-económicas.
- Servir de canle de participación e diálogo dos interlocutores sociais no debate de asuntos socio-laborais co fin de obter acordos tendentes á busca de solucións á problemática económico-laboral existente no ámbito territorial do concello.
- Propor solucións e criterios de actuación ante situacións de crise en sectores determinados para a adopción dos acordos que correspondan por parte do Concello.
- Coñecer as medidas e actuacións de planificación económica e sociais que sexan tomadas polo Concello.
- Elaborar informes, ditames ou estudos, de oficio ou a instancia do Concello, en calquera asunto de carácter económico e social.
- Avaliar anualmente, dentro do primeiro trimestre de cada ano, a situación económica e social do Concello.
Convocatorias e actas
Data | Convocatoria | Acta |
---|---|---|
22-11-2017 | Ver PDF | Ver PDF |
16-02-2017 | Ver PDF | Ver PDF |
09-11-2016 | Ver PDF | Ver PDF |
29-03-2016 | Ver PDF | Ver PDF |
12-01-2016 | Ver PDF | Ver PDF |
25-11-2015 | Ver PDF | Ver PDF |
Normativa e documentos
Regulamento CES
Compoñentes CES