A Fundación Amigos de Galicia é unha organización sen ánimo de lucro que ten por obxectivo garantir a axuda aos colectivos con limitacións económicas e sociais, facilitando a cobertura das súas necesidades básicas.
En xaneiro de 2016, a Concellería de Promoción e esta organización asinaron un acordo de colaboración para o uso dun despacho sito na Casa da Luz (Praza da Verdura) para pór en marcha o programa VÍA DIRECTA.
As accións a realizar no programa para acadar a inserción laboral dos usuarios serán:
- Orientación laboral
- Itinerarios personalizados de inserción laboral
- Intermediación coas empresas de Pontevedra
Amigos de Galicia emprega o despacho de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
Contacta!