Pontedetapas

CARTEL PONTEDETAPAS JPG A4A Concellaría de Promoción Económica organiza cada ano o certame Pontedetapas, un concurso gastronómico que abre unha xanela para amosar e compartir a alta calidade e creatividade da gastronomía local e busca reforzar a marca da cidade e dinamizar o comercio local e o sector da restauración.

Os bares e restaurantes poden presentar as súas creacións en tres modalidades distintas, pero coa obriga da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. De este xeito, os aspirantes poden optar a:

  • premio á mellor tapa tradicional, aquela inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía
  • á mellor tapa creativa, á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas…
  • e ao mellor cóctel

A elección dos gañadores recae nun xurado profesional, composto por profesionais do ámbito da hostalería, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.

Os gañadores obteñen como premio un masterclass dun chef de renome e un diploma e distintivo acreditativo.

De entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorgará mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade no sabor, no aroma, nos produtos empregados… A Tapa Pontevedra será a que compita na segunda edición de De tapas por Galicia, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.

Podes obter máis información sobre esta iniciativa premendo aquí (web oficial).

Resultados Pontedetapas 2015
Gañadores

  • Tapa Tradicional Casa Román, con “Cocido galego”.
  • Tapería Dejave, “Nunca máis”.
  • Tapa creativa El Cafetín de la Alameda, con “É tempo de navallas”.
  • Tapería Loaira “Petisco de mar”.
  • Cóctel PTV, mellor cóctel por “Margarida de Bombón”.
  • El Pecado con “Chocolat Pecado”.
  • Tapa Pontevedra El Cafetín de la Alameda con 4.030 puntos.
  • Tapería Loaira con 2.820 puntos Cre-Cottê con 2.555 puntos.

Xurado

  • Pepe Solla
  • Manuel Hermo
  • José Soto
  • Yolanda Castaño
  • Faustino Batallán
  • Kike García Cerviño

Contacta!

Enderezo
Casa da Luz. Praza da Verdura
Teléfono
986 84 85 52.
Horario de atención ao público
09:30 a 14.00 horas