Pontevedra ten un puntazo e a Universidade, da man co proxecto

  • O alcalde Miguel Fernández Lores achegarase mañá 27 de febreiro, ás 18.00 horas, a Facultade de Ciencias Sociais para coñecer á iniciativa
  • Obxectivo: visibilizar o talento “made in Pontevedra”

O alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira Anabel Gulías achegaranse mañá martes, 27 de febreiro, ao Campus de Pontevedra no marco do programa Pontevedra ten un Puntazo, que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade. A visita, na que estará acompañado pola concelleira Anabel Gulías, terá lugar ás 18.00 horas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

O obxectivo da visita é por en marcha unha nova liña de traballo dentro da edición 2018 do Puntazo que consiste en establecer vínculos entre as empresa que conforman o programa e o ámbito universitario, levando a cabo diferentes accións vencelladas á visibilización dos novos talentos creativos que se forman na nosa cidade.

Unha desas accións consiste en dar a coñecer a web “A Canteira”, unha compilación dos traballos sonoros e visuais da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. A páxina está deseñada por ex-alumnos e os contidos son engadidos polos propios estudantes. A creación desta web está enmarcada dentro da estratexia de especialización do Campus CREA S2i.

A presentación deste proxecto levarase a cabo no mes de marzo dentro da programación de Pontevedra ten un Puntazo, ademais de outras actividades de formación e visibilización do talento “made in Pontevedra”.

Lores estará acompañado polo decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xosé Manuel Baamonde Silva, ademáis do profesor Oswaldo García que o acompañarán na visita aos laboratorios audiovisuais onde estarán traballando os estudantes en diferentes proxectos creativos.