Pontevedra ten un puntazo abre as portas a Fruto Ds

A Casa da Luz acolle mañá xoves unha nova presentación de Pontevedra ten un Puntazo. Nesta ocasión é a empresa Fruto Ds a protagonista. A cita, como sempre, ás 20.30 horas.

Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa das Concellerías de Promoción Económica e da Cidade e de Cultura que aposta pola innovación, creatividade e cultura como piares do fortalecemento empresarial. A presentación de mañá contará coa presenza de Alberto Montiel, membro do equipo de Fruto Ds e Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística e Novas Tecnoloxías.

Como complemento da presentación de Fruto Ds haberá unha exposición de varios dos seus deseños, entre eles o contedor de lixo Big Bin, que gañou en 2013 o premio internacional nos A’Design Award 2013 como mellor proxecto de mobiliario urbano e que revolucionou o sector do tratamento de residuos urbanos.

Máis informalción na web http://frutosds.com/