Presentación de Evolutia Consulting no Puntazo

A Casa da Luz viviu hoxe unha nova presentación de Pontevedra ten un puntazo. Nesta ocasión a protagonista foi a empresa Evolutia Consulting, proxecto da coach pontevedresa Raquel Pedrouso, centrada no desenvolvemento do talento, a marca persoal e a innovación social e educativa. Para más info: http://evolutiaconsulting.es/

Non foi unha presentación ao uso, senón que Raquel convidou aos asistentes a participar dunha experiencia práctica onde coñeceron de primeira man os servizos que ofrece Evolutia.
Ao finalizar os participantes gozaron da música en directo do grupo Fusion Band, formado polos músicos Ramon Figueroa Boullosa, Amar Dev Sharma e Beatriz Gonzalez Andino.