Promoción da Cidade ofrece 480 prazas de cursos de formación on line

A Concellaría de Promoción da Cidade pon en marcha unha nova oferta de formación para a cidadanía aberta a todos os veciños e de balde. É unha oferta de calidade cunha dimensión máis prágmática que os programas Arela e Verea, xa que está pensada como formación de carácter tradicional. Farase a través dunha Plataforma dixital.

Ofertaranse oito cursos con 480 prazas en total. Os cursos son:

    • Manipulador de alimentos (10 horas). Inicio en xuño
    • O proceso comercial: a xestións administrativas. (25 horas). Inicio en xuño
    • Inglés (certificación A1). (50 horas). Inicio en xulio
    • Prevención de riscos laborais (60 horas). Inicio en xulio
    • Alemán: iniciación (50 horas). Inicio en setembro
    • Carretilleiros (25 horas). Inicio en setembro
    • Inglés (Certificación A2) (50 horas). Inicio en outubro
    • Deseño asistido por ordenador (40 horas). Inicio en outubro

A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías explicou que son os cursos máis demandados.

As persoas interesadas poderán inscribirse desde este mesmo momento na plataforma dixital a través da que se impartirá o curso: www.planon.gal