Próxima cita co Puntazo, centrada nas estratexias de marketing nas industrias culturais

  • O xestor cultural Víctor Flores dará unha palestra o vindeiro venres 17 de novembro, ás 19.30 horas na Casa da Luz
  • A xornada completarase cunha sesión de música electrónica da man do selo pontevedrés Certain Music e unha exposicion de tablas de skate

A Casa da Luz acollerá o venres 17 de novembro unha palestra do programador cultural e DJ Víctor Flores sobre Extratexias de marketing nas industrias culturais e patrocinios nos eventos e festivais musicais. Flores foi director de Marketing Cultural de Red Bull España ata finais do ano pasado, e na actualidade é profesor en varios Másters universitarios de xestión cultural, ademais de comisariar programacións para diferentes marcas e institucións.

A programación complétase co aniversario de Playground Store que celebra o seu 14º aniversario dentro das actividades da xornada e o terceiro ano do programa #PontevedraTenunPuntazo, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica que ten como obxectivo dar a coñecer empresas creativas e innovadoras locais que xeran un valor engadido no ámbito da cultura e axudan á promoción da cidade neste eido.

Ademais haberá unha exposición de tabulas de Skate, baixo o título Skateboard Collectors que nace con vocación anual e na que se reunirán selectos coleccionistas, que amosarán as xoias máis preciadas das súas coleccións.

Nesta primeira edición, o invitado será o pontevedrés Manuel Fuentes, que presentará “Powart, a Poward Exhibition”, unha das marcas norteamericanas máis influentes desta década, e amosará a que é unha das coleccións máis completas de Galicia.

Coma remate das actividades, o broche final virá da man do selo discográfico Certain Music, que en dous anos de andaina editou 6 referencias e ven de atravesar un último ano cargado de actividades no eido cultural: noites de club en toda España, promotora de eventos, etc. O noso colaborador, parte do selo e gran amigo Víctor Flores fará tamén unha sesión mentras rematamos a xornada cuns viños e un picoteo.

cv-victor-flores_comp