Quenda de Saraiva en Pontevedra ten un Puntazo

Saraiva e a súa aposta polo envellecemento en positivo será a protagonista da próxima presentación da Pontevedra ten un Puntazo, o programa que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade co fin de darlle visibilizar o potencial innovador e a creatividade do tecido empresarial da cidade.

A presentación é mañá xoves 20 de outubro ás 20.00 horas, na Casa da Luz e contará coa presenza de Lucía Saborido, responsábel da dirección de Servizos e Centros de Saraiva e Carmen Fouces, concelleira de Benestar Social. Falarán da traxectoria da empresa e dos seus novos proxectos.

Saraiva leva máis de 10 anos á beira das persoas maiores aprendendo a envellecer en positivo. Conscientes de que cada persoa é única, levan desenvolvido nos últimos anos servizos e proxectos encamiñados á personalización e a creación dun ambiente familiar e próximo. O obxectivo é promover novos modelos de envellecemento centrados nas capacidades e fortalezas do usuarios, fomentando a súa autonomía e, en definitiva, xerando un ambiente no que os nosos maiores son os protagonistas da súa vida.

Nesta liña de traballo aproveitan o marco do programa Pontevedra ten un Puntazo para dar a coñecer un novo proxecto Saraiva Senior, un novo modelo de aloxamento que pretende cambiar o paradigma actual de residencias para persoas maiores. Estas novas instalacións serán o primeiro centro multiservizos de Galicia que contará con 3 modalidades de aloxamento adaptadas para cada fase do envellecemento e as necesidades de cada unha das persoas. O proxecto de Housing de Innovación Social foi finalista da III Edición de Momentum Project promovido por ESADE Business School, BBVA e a consultora PWC.