Repensa

ILES-REPENSA-POSITRepensa é un programa baseado en facilitar os trámites a aquelas persoas que se queiran facer cargo de negocios que pechen.

O Concello censará negocios deste tipo e creará unha base de datos de persoas interesadas en facerse cargo de empresas.

Repensa ofrece axuda nos trámites de inicio de actividade e asesoramento directo na tramitación das liñas de achegas públicas correspondentes.

A substitución xeracional é unha etapa máis do ciclo de vida das empresas. Tan importante como a creación de novos proxectos empresariais, é manter e garantir a consolidación e continuidade de empresas en funcionamento, evitando a perda de postos de traballo e fomentando a actividade empresarial que contribúe ao desenvolvemento económico.

Na cidade de Pontevedra, cada vez é maior a porcentaxe de empresarios que se atopan próximos á idade de xubilación, e que se atoparían inmersos nun proceso de substitución xeracional. Ademais, as transmisións de empresas débense, cada vez máis, a cuestións como motivos persoais ou circunstancias do mercado ou da contorna. A xubilación non é a única causa.

Segundo estudos da Comisión Europea, pérdense aproximadamente cada ano en Europa 150.000 empresas que representan 600.000 postos de traballo debido, exclusivamente, a transmisións ineficientes, mentres que a taxa de éxito de empresas transmitidas é superior ás de nova creación, cunha cifra estimada de 450.000 empresas que se transmiten cada ano 2 millóns de postos de traballo.

Guía Repensa

Contacta!

Enderezo
Teléfono
Horario de atención ao público