Sétima Feira abre as portas á arquitectura

A arquitectura súmase á Sétima Feira, que neste mes de abril chega a súa terceira edición. Estará presente nas actividades infantís, desta volta con obradoiros adicados á maxia do universo Gaudí e co arquitecto pontevedrés Enrique Gil que vai intervir un dos cubículos do primeiro andar cun exemplo de arquitectura efémera.

O primeiro andar do Mercado de Abastos acollerá o sábado 9 de abril, entre ás 11.00 e as 15.00 horas, Sétima Feira con propostas de téxtil, ilustración, decoración, vintage e música e con cabida para a gastronomía, xa que o seu espazo-gastro volverá a estar ocupado polas pulpeiras

Foron 38 ás solicitudes recibidas para participar nesta edición e delas foron seleccionadas 15, sendo a meirande parte delas de Pontevedra. Unha vez máis comercio local e creador@s emerxentes irán da man para amosar o potencial creativo da nosa cidade.

Os postos que participarán nesta edición son os seguintes:

  • IKI FINDIK, téxtil
  • YATAY, vintage
  • LOVELY BLANCA, téxtil
  • NO SOLO ESPUMA, cosmética natural dende Pontevedra
  • COMOCUANDO, Beautiful Handicrafts
  • POT, tenda de agasallos
  • SHEII BROULLÓN, Belas Artes
  • MAO, deseño téxtil e artesanía
  • HEYJUDDY, cerámica e deseño
  • ENRIQUE GIL, estudio de arquitectura e deseño
  • LAGASCA, comercio local, vintage
  • PEPA Y PUNTO, comercio local
  • BELÉN DIZ, Belas Artes
  • NURIA FIGUEIREDO, ilustración e complementos
  • REBECA LAR, Belas Artes

Sétima Feira cheaga o 9 de abril co seguinte programación

  • 11.00 horas. Apertura
  • 11:00-15:00 horas. Obradoiros infantís
  • 11.00 a 13.00 horas e de 14.00 a 15.00 horas Dj Javi de la Torre (JT) e Arturo Delgado
  • 13.00 sesión vermú a cargo de Cora Sayers

Compre salientar que xa se están a recibir solicitudes para a edición de maio tanto a través da páxina web do concello http://www.pontevedra.gal/areas/promocion-economica/ setima-feira/ como directamente na Oficina de Sétima Feira (Rúa Serra, n.o 3 con horario de apertura os mércores, xoves e venres de 10:00 a 13:00h teléfono 886203734 )
 Lembramos o mail de contacto para calquera consulta ou suxestión e setimafeira@pontevedra.gal.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica e da que como obxectivo dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento, e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.