Sétima Feira achéganos a México

Sétima Feira está de volta! Pero desta vez, volve máis colorida que nunca grazas a Frida Kahlo. A próxima cita é o sábado 12 de novembro no 1º andar do mercado de abastos. Poderás estar alí de 11.00 a 15.00 horas, gozando do bo ambiente, da boa música e da boa comida mentres mercas peixe, carne, froita e flores.

Sétima Feira infantil é un eixo principal deste mercado de moda e arte, e mentres a cativada da casa afonda na vida e obra da artista mexica, os maiores poderan achegarse ao traballo de novxs creadorxs como Alba Castillo e as súas mágnificas ilustracións ou Olalla Ososorio e o seu mimo polo ben feito.

Toda esta creatividade estará amenizada polo picadiscos JC e ás 12.30 contaremos co pontevedrés Gonzalo Maceira e a súa banda Iñaki & Garfunkel nun estupendo concerto.

O espazo gastro estará ocupado por Elefantes de cacharrería, que van mesturar Galicia e México e ata van recrear unha voda mexicana!

Pero esta edición trae aínda máis sorpresas, queremos que Sétima Feira sexa unha plataforma para dar a coñecer e facer de impulso a todos os novos proxectos da cidade e como exemplo, teredes a posibilidade de coñecer e ver o que fai a xente de Thunders Love, ademáis de participar no sorteo dun lote de produtos da marca.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.

Listado de Postos SF12NOV

  • PEIXE NERO, cerámica
  • LOVELY BLANCA, bolsos
  • CRU E UN, decoración
  • CAVALINHO DO DEMO
  • LAG, serigrafía
  • LA CASA TALLER, pintura
  • MARÍA VIQUEIRA, moda
  • ABI CASTILLO, ilustración
  • ESTUDIO DE FOTOGRAFÍA CRISTINA PONTANILLA, fotografía
  • LEONLAGATA, xoiería en cerámica
  • COLECTIVO MATRIZ, teas de autor e ilustración
  • BLACK WHALE PROJECT, moda e complementos
  • SEMPRE FLOWERS, tocados
  • DEGERÓNIMO, mochilas e sacos