Sétima Feira fará o seu debut con 15 postos cheos de creatividade

A chuvia non será disculpa para non achegarse a Sétima Feira que este sábado 13 de febreiro fai o seu debut en Pontevedra.

Un total de 15 postos serán escea da creatividade da vila, amosando arte, moda, artesanía, xoiería e ata caligrafía, acompañados de música en directo coa actuación do grupo Australia e o DJ JC, nun novo espazo para a venda para novos/as creadores/as no Mercado de Abastos da cidade.

Sétima Feira é unha iniciativa da Área de Promoción Económica do Concello que busca dinamizar a escea creativa da vila favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento, apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.

Neste sentido, participarán nesta primeira edición de Sétima Feira iniciativas como EME Clothes and Bags (roupa e bolsos), Estudio de Caligrafía María Sancho, a creadora de bolsos e complementos Marly, O’Ras (artista en graffiti), La Platanera (deseño), Mis galletas y otras cosas (pastelería e cociña), Anaí Lago (artista), Pandora Fanzine (creación multidisciplinar), Estrellas o Limones (tenda infantil), Papp UV (gafas de sol escolóxicas), Lara Torres (ilustración), Evasión (artes plásticas), Droguería Moderna, Carballo Estrela (moda), Lagasca Vintage (moda e accesorios vintage) e Estudio Pacheco (deseño gráfico e fotografía).

Estas foron as iniciativas seleccionadas tras un proceso de convocatoria e selección que se repetirá tódolos meses. Neste sentido, paraa seguinte edición, que terá lugar no segundo sábado de marzo, xa está aberta a convocatoria en http://www.pontevedra.gal/ areas/promocion-economica/setima-feira/ A Oficina de Sétima Feira está na Rúa Serra, n.o 3 e abre os mércores, xoves e venres de 10:00 a 13:00 (setimafeira@pontevedra.gal) e o teléfono é 886203734

Por mor da chuvia prevista para este sábado, Sétima Feira terá lugar no primeiro andar do Mercado de Abastos entre as 11:00 e as 15:00h), onde ademáis de postos de venda haberá unha pulpeira e actividades infantís creativas.

Programación Apertura. 11.00 horas

Talleres infantís, 4 quendas: de 11.00 a 11.50 horas, de 12.00 a 12.50, de 13.00 a 13.50 e de 14.00 a 14.50 horas.
dj de 11.00 a 13.00 h e de 14.00 a 15.00 h remate
sesión vermú a cargo do grupo Australia.13 horas

Sétima Feira terá lugar tódolos segundos sábados de mes na Rúa Serra diante do Mercado de Abastos (e se chove, no primeiro andar da praza)
.