Sétima Feira: moda, arte e creatividade no Mercado de Abastos

Sétima Feira chegou ao Mercado de Abastos para quedarse. O sábado, 12 de marzo, o primeiro andar da praza acollerá a segunda edición dunha cita que procura dinamizar a escena creativa da vila favorecendo un espazo para a venda e emprendemento, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local e pola participación.

Esta segunda edición centrarase no téxtil -na venda e tamén no proceso creativo- mais haberá tamén xoiería, souvenirs, complementos… ademais dun espazo reservado aos máis pequenos, outro a gastronomía e actividades de dinamización. Os que se acheguen a Sétima Feira o sábado poderán coñecer o proceso creativo da deseñadora Marta Moldes, que combinará a venda coa realización en vivo de roupa. Os compradores poderanse facer con prendas exclusivas.

Sétima Feira é unha iniciativa da Concellería de Promoción da Cidade que cumpre con nota as expectativas creadas. Segundo explicou a concelleira Anabel Gulías acadáronse na primeira edición os obxectivos marcados que profundaranse neste segunda cita: ser unha alternativa ao comercio tradicional; unha oportunidade para creadores, novos emprendedores e establecementos alternativos, contribuír a dinamizar o mercado e a súa contorna e promover a participación naquelos procesos e citas que constrúen cidade.

Na primeira edición foron 25 as solicitudes presentadas para participar na Sétima Feira, unha convocatoria na que se acadou unha ganancia media por posto de 112 euros. Nesta ocasión foron xa 52 as presentadas o que acredita a boa resposta da iniciativa, ademais xa hai solicitudes para edición de abril. Sétima feira celebrarase o segundo sábado do mes e conta cun aforo de 17 postos de exposición e venda.

Estas son as iniciativas que estarán na Sétima Feira do 12 de marzo após o proceso de convocatoria e selección que se repetirá tódolos meses.

  • RACATAPLÁN (textil eco)
  • CRAZY ZEBRA (textil infantil)
  • LAS MERCEDITAS DE IRIA (comercio local)
  • SON D’IRIA (xoias)
  • MARGOT&CO (taller local de xoiería con venta on line)
  • NOSECUANTITOS (vinculados ao espazo Alquimia)
  • CHRISTIAN BELLAS (estudante de belas artes)
  • MIOLOS DESIGN (deseño funcional e 100% artesanal made in GZ)
  • QUEEN LUPA, northerm souvenirs
  • ASCUA (estudante belas artes)
  • MICO CREACIONES (deseño artesán textil)
  • MAÜI SHOP (textil vinculado a Alquimia)
  • A TENDA DA GATA (espazo gastro, galeguesas e comida vegana)
  • 14.BOINA GALEGA .LE CHANELAS (textil made in GZ)
  • MY LITTLE PIURA (proxecto solidario)
  • CESTOLA NA CACHOLA (economía social dende a pintura e o textil)
  • A ARTESA (comercio local)

– Programa:
11.00 h apertura
11:00-15:00 obradoiros infantís (que xogarán coa arte de Kandinsky) e performance textil 
 11.00 a 13.00 h e de 14.00 a 15.00 h remate dj Javi de la Torre (JT)
13.00 sesión vermú a cargo de Querido Extraño.

Xa está aberta a convocatoria para participar na seguinte edición en

http:// www.pontevedra.gal/areas/promocion-economica/setima-feira/

Tamén se poden recoller os formularios de inscripción e solicitar información na Oficina de Sétima Feira (Rúa Serra, n.o 3 con horario de apertura os mércores, xoves e venres de 10:00 a 13:00)

Mail de contacto setimafeira@pontevedra.gal teléfono é 886203734