Sétima Feira réndese ao entroido

‣ O sábado 10 de febreiro tes unha cita no 1º andar da praza de abastos coa moda e arte máis alternativas

Se é segundo sábado do mes, esto é Sétima Feira. O 10 de febreiro estará de novo no primeiro andar da praza de abastos a cita co mercado máis alternativo: arte, moda, comida e música, nunha contorna moi especial e no horario habitual: de 11.00 a 15.00 horas.

Sétima Feira naceu fai dous anos, e para celebrar este segundo aniversario vai a encher este segundo andar con toda a creatividade da cidade, e proveitando o entroido quere festexar a vida!

A Sétima Feira Infantil está adicada, como non podía ser doutro xeito, á obra de Laxeiro e aos personaxes tradicionais do noso entroido. A cativada da casa creará a súa propia máscara misturando arte e diversión nun entorno singular como é o mercado de Pontevedra. A entrada aos obradoiros é de balde previa inscrición no enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada na Praza.

Toda esta actividade cultural e creativa acompañarase da música do grupo Xoubas que
animará a sesión vermú ás 13.00h. No espazo gastro haberá polbo e carne ao caldeiro, así como os doces típicos do entroido.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os/as novos creadores e o comercio local.